Prado, Lalín
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2018.) |
Prado | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Lalín[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°40′54″N 8°12′08″O / 42.681557, -8.2021475 |
Poboación | 222 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Prado é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2009 tiña 256 habitantes (129 mulleres e 127 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 316 habitantes. A parroquia eclesiasticamente pertence á diocese de Lugo.
Economía
[editar | editar a fonte]Prado, ao estar situado no centro xeográfico galego, é un punto de confluencia importante. A estrada N-525 transcorre ao longo da parroquia. Conta tamén con farmacia, carnicerías, algunhas industrias e un restaurante e dous bares. A industria máis coñecida é a de Toimil, unha fábrica de grúas principalmente pero tamén fabricou remolques para coches.[Cómpre referencia]
Historia
[editar | editar a fonte]En Prado celebrábase unha feira mensual os días 13 de cada mes, que lle proporcionaba unha activa vida comercial,pero dende fai anos deixouse de celebrar esta feira tan popular. Nesta parroquia naceu o político Xosé Cuíña. Xosé Cuíña fundou un muíño na parroquia de Prado o cal se chamou Muíño de Cuíña, e hoxe en día segue en funcionamente.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Ponte Taboada.
- Pazo de Liñares, onde naceu o aviador Xoaquín Loriga. O cal se reformou completamente entre os anos 2015 e 2017.[Cómpre referencia]
- A igrexa parroquial é de corte neoclásico, posúe unha única nave con ábsida rectangular. Na fachada destaca a liña de cornixa que a divide en dúas partes, coróase co campanario de dobre arco rematado con pináculos.
- Capela da Santa Lucía, unha ermida de pedra na que destaca o campanario dun único arco rematado cun Agnus Dei, baixo o cal hai un nicho. Nela celébrase unha famosa romaría. Pegada a parte exterior dunha das paredes atópase unha fonte da cal se di que a súa auga pode curar problemas oculares.
- Parque de Prado, cun monumento ao aviador Xoaquín Loriga.
Educación e cultura
[editar | editar a fonte]En Prado está situado o Colexio Público de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Loriga. Hai ademais un pavillón deportivo que é basicamente de uso escolar do colexio.O pavillón de dito colexio foi renovado interiormente no ano 2016.
En novembro de 2009, refundouse a antiga banda de música, A Lira de Prado (como presidente Antonio Costa) que dende entón comezou a percorrer distintos puntos da comarca do Deza, así como lugares incluso fóra de Galicia.
Festas
[editar | editar a fonte]- Último domingo de maio - Fillas de María: Primeiras Comuñóns.
- 11 de xullo - San Bieito.
- 15 e 16 de setembro - Festas Patronais na honra da Virxe das Dores.
- 11 de novembro - San Martiño.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Prado, Lalín.
-
Vista posterior da igrexa parroquial.
-
Estatua de Joaquín Loriga.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Prado
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Prado no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
O Alto da Pena | A Borralla | A Carballeira | A Eirexe | Liñares | Outeiro | Padruxao |
Parroquias de Lalín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web da parroquia de Prado
- Prado na web do concello de LalínArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine.